Un novo vídeo amosa máis detalles de The Last of Us
mércores, 16 de maio do 2012
Tras o grande éxito da franquía Uncharted os mozos de Naughty Dog anunciaron hai medio ano un novo
título moi prometedor, The Last of Us, que conta a historia de
supervivencia de Joel e Ellie nunha viaxe cara o oeste dos duns EE.UU.
devastados nos que deberán atopar recursos para seguir con vida e protexerse
das ameazas que xorden no seu paso.
O mundo de The Last of Us estará
abandonado e desamparado, un lugar brutal e letal, do que cada vez dan máis
detalles para captar a atención sobre este xogo exclusivo para PlayStation 3
que, aparte de presentar uns gráficos moi coidados, realizará unha grande
aposta pola narración, intentando captar a atención do usuario mediante as
sensacións que transmite.
Como novo petisco do xogo veñen
de publicar un vídeo no que amosan unha emboscada que tenden aos protagonistas
outros superviventes pouco amigables:
No vídeo tamén percibimos un cambio no deseño do personaxe de Ellie, pois os responsables do xogo consideraron oportuno facer que o modelo virtual fose máis semellante á actriz que lle pon voz (Ashley Johnson).

- The Last of Us presenta un mundo totalmente desamparado

- Joel e Ellie deberán sobrevivir nunha viaxe a través dos EE.UU. en The Last of Us
