Un novo espectáculo percorrerá Galicia facendo rir coa tecnoloxía
mércores, 14 de marzo do 2012
A evolución
da tecnoloxía vai servir de fío condutor dun espectáculo de humor protagonizado
por Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, cómicos reunidos nunha xira que
botará a andar mañá no Teatro Rosalía de A Coruña, para pasar polo Auditorio
Municipal de Ourense o 29 de marzo, o Teatro Principal de Compostela o 1 de
maio e o Pazo da Cultura de Narón o 4 de maio, aínda que agardan ampliar novas
localizacións máis adiante.
Este curioso espectáculo xunta as iniciais dos nomes de pía dos actores
involucrados (P.O.D.) como inspiración do lema “primeiro foi o walkman, despois chegou o MP3 e agora... HaiPOD”,
buscando ser algo máis que unha simple sucesión de monólogos e que incluirá a
proxección de vídeos pregravados, a interacción entre os artistas, música e
moitas sorpresas.
HaiPOD
procurará así demostrar que é posible facer unha reflexión cómica sobre as
novas tecnoloxías e a Internet, dun xeito dinámico, divertido e irrepetible.
- Cartel do espectáculo HaiPOD