Un neno de 8 anos supera o exame de certificación de Microsoft

luns, 19 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A moza de 9 anos M. Lavinashree xá non é a persoa máis nova en superar o exame de certificación profesional de Microsoft (MCP) senón que nena prodixio da India vén de ser superada por un cativo de Macedonia, que aos seus 8 anos converteuse na persoa máis nova en acadar a certificación de Microsoft.
A Marko Calasan xa se lle coñece coma o Mozart dos ordenadores, pois é o admistrador de sistemas informáticos certificado máis novo do mundo, quen ao conseguir a certificación aseguro que a xente de Microsoft regaloulle «xogos de ordenador e DVD con debuxos animados» o que lle pareceu ben aínda que admite que non ten interese nesas cousas, preferindo converterse nun informático e «crear un novo sistema operativo» cando sexa maior.
Os pais do neno, informáticos de profesión, están a considerar a posibilidade de enviar ao seu fillo a un instituto para nenos superdotados, pese a que non exista ningún en Macedonia, pois o seu cativo xa era capaz de ler e escribir aos 2 anos, e tamén comezou a usar ordenadores a esa idade.

PUBLICIDADE