Un músico galego sorprende en Noruega ao aceptar doazóns mediante o móbil

luns, 10 de outubro do 2016 Marcus Fernández

As páxinas do diario El Progreso deron esta fin de semana conta cunha curiosa anécdota dun músico melidense que, durante o pasado verán, na súa estadía na cidade norueguesa de Bergen, chamou a atención xa que, ao interpretar música na rúa non só aceptaba efectivo dos transeúntes, senón que, ante comentarios dos mozos que por alí pasaban, optou por aceptar microtransaccións a través da aplicación móbil Vipps, chamando a atención da televisión estatal, que dedicoulle unha reportaxe.

Costoya aceptaba as doazóns en Noruega a través da aplicación Vipps

Nino Costoya converteuse en todo un exemplo de como as Tecnoloxías da Información e a Comunicación están a chegar aos diferentes sectores do mercado, e aínda que as contías económicas que ingresou a través de Vipps non fosen moi elevadas, son un magnífico exemplo de como están a evolucionar os sistemas de pagamento, que incluso poden deixar a un lado o plástico e pasar a converterse en plataformas totalmente electrónicas grazas ao uso dos smartphones.

PUBLICIDADE