Un francés pagará 33.000 euros polas súas descargas co eMule

luns, 6 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A lei HADOPI non é o único asunto que causa polémica ao redor do P2P en Francia, senón que agora un tribunal sentenciou a un internauta de 55 anos a pagar 33.000 euros por danos pola descarga de 12.591 cancións, 426 películas e 16 series de televisión completas, así como a 2 meses de cadea (que non cumprirá por carecer de antecedentes).
O encausado recoñeceu durante o xuízo que descargara o material indicado durante un ano empregando o eMule, pero destacando que o fixo sen ánimo de lucro pensando que obraba conforme á legalidade (pois hai moitísima xente con coleccións audiovisuais semellantes), opinión que non compartía a acusación, que pediu unha compensación de entre 1 e 2 euros por canción descargada e entre 7 e 12,5 euros por película.

PUBLICIDADE