Un estudo sostén que ós o 17% dos 75 millóns de usuarios de Twitter están activos
xoves 28 de xaneiro do 2010, por | |
| Compartir |
RJMetrics fixo unha exhaustiva
análise de Twitter, concluíndo que, pese a que o servizo de microblogging sume 75 millóns de
usuarios rexistrados, a meirande parte dos mesmos permanece pasivo, de xeito
que incluso o 40% das contas nunca enviaron unha soa mensaxe a través do
servizo, o 25% non teñen seguidores e o 80% dos usuarios terían realizado menos
de 10 tuits, concluíndo finalmente
que só poderiamos considerar que o 17% dos usuarios rexistrados manteñen certa
actividade, ou sexa, que en realidade deberiamos falar de 13 millóns de tuiteiros.
Esta discrepancia entre usuarios activos e rexistrados podería ser consecuencia
do eco social que acadou Twitter nos EE.UU. durante a guerra entre Ashton Kutcher
e a CNN ou a chegada da presentadora de televisión Oprah a este servizo, polo que estariamos a
falar de usuarios que len máis que escriben, o que atentaría contra a filosofía
deste servizo, pero respondería bastante ben ao comportamento habitual fronte a
medios de comunicación.

- A incorporación de usuarios a Twitter disparouse coa polémica entre Kutcher e a CNN, así coma coa chegada de Oprah a esta plataforma
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














