Un experto sinala que o PP e o PSOE suspenden en materia de comunicación 2.0

mércores, 6 de maio do 2015 Fernando Sarasketa

O autor da investigación, Juan Merodio, experto en novas fórmulas de comunicación cidadá

Nin o PP nin o PSOE aproban en materia 2.0. Así nolo conta Juan Merodio, blogueiro e experto en novas contornas dixitais, que vén de avaliar as webs dos devanditos partidos e do Ministerio de Emprego para verificar até que punto son quen de achegar participación e conectar co cidadán, ao xeito dos servizos sociotecnolóxicos aos que se lles pon a etiqueta 2.0. Asegura que ningunha das páxinas establece pontes firmes de comunicación coa cidadanía. “En ambos os casos”, sinala, “hai máis egocentrismo partidista eu estratexias dixitais que de verdade involucren á sociedade por tanto xeren verdadeiros resultados”.
A maiores, tamén se dá a entender que o devandito estado de cousas (un estado de cousas moi pouco desenvolvido) é aplicábel perfectamente a outras agrupacións políticas, e que tanto estas como as administracións públicas “están en cueiros no que se refire a proximidade cos españois a través do mundo dixital”. Segundo explica Merodio, non abonda con estar na Internet, “cómpre facelo ao cen por cen”. O caso, sinala, é que agás contadas excepcións, “os principais partidos, administracións ou institucións só se preocupan por aparentar ser dixitais?”. No caso específico da web do PSOE, Merodio cualifícaa de “terríbel”, e engade que fai gala dun “deseño anticuado e de contidos amoreados”. Polo que respecta á do PP, sinala que aínda que “está mellor cás páxinas do resto dos partidos, o cal que non difícil”, amosa un “deseño moi mellorábel” en materia de feitura visual e “unha falta de credibilidade en materia de contidos”. No caso da web do Ministerio de Emprego, o experto sinala que máis dixital é un claro exemplo de cultura analóxica que teima en permanecer, “deixando para o futuro a comunicación bidireccional co usuario”.

PUBLICIDADE