Un estudo desbota o mito dos nativos dixitais

martes, 23 de agosto do 2011 Marcus Fernández

En moitas ocasión pode escoitarse a expertos referirse á mocidade como nativos dixitais, por aquilo de que as TIC xa estaban presentes nas súas vidas dende os inicios, o que algúns presupón que supón unha vantaxe con respecto aos seus antecesores, pero esta suposición é un mito, segundo detallaron nun estudo antropolóxico desenvolvido na Universidade Wesleyan de Illinois, onde puxeron a proba as competencias dixitais de 30 estudantes universitarios, aos que instaron a realizar unha serie de buscas a través de Google para descubrir que só 7 foron capaces de cumprir a tarefa dun xeito razoablemente axeitado, habilidade que agardaban que tiveran adquirido durante o ensino secundario.
Este tipo de estudos dan a entender que saber compartir fotografías en Facebook e participar nas redes sociais non supón tes as competencias necesarias para defenderse coas tecnoloxías da información e a comunicación, polo que debería repensarse a formación que se está a impartir nos primeiros ciclos formativos, para evitar que as novas xeracións queden marxinadas por non ter adquirido uns coñecementos que actualmente danse por supostos, pois pasar anos realizando buscas en Google non quere dicir que se saiban formular as pescudas dun xeito efectivo, demostrando unha vez máis que para formarse nas TIC non chega con ter equipos e acceso á Rede, senón que a formación cobra cada vez máis importancia.

PUBLICIDADE