Un episodio de South Park con referenzas ó mundo dos videoxogos é candidato ós premios Emmy

martes, 24 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Kenny emprega unha PSP dourada na loita do ben contra o mal

A serie de televisión Sout Park non só é coñecida pola súa irreverencia, senón tamén polo curioso xeito de ver e criticar algúns avances tecnolóxicos como as consolas PSP e Wii, que formaron parte esencial nalgúns episodios das últimas tempadas da serie.
Así, cando saíu a PSP de Sony argumentaban que a consola era un sistema de proba para detectar ó xogador máis hábil para manexar unha PSP dourada que servía para controlar ás forzas celestiais na súa loita contra o Inferno (de xeito

Cartman faise cunha Wii no futuro

que a consola sería a ferramenta que posibilitaría a salvación do mundo) mentres que no caso da última consola de Nintendo era a súa expectación a que centrou un episodio, no que Eric Cartman estaba ansioso por mercar a nova consola, e agardando a mercala quedou conxelado accidentalmente, espertando nun futuro distante no que empregaba tódolos seus recursos para poder botar unha partida á Nintendo Wii.
Para continuar con este absurdo tratamento das consolas de videoxogos, incluso tratando o illamento social producido polo xogo en liña, no seu episodio titulado Make Love, Not Warcraft (fai o amor e non xogues a Warcraft) no que amosaban o aditivo MMORPG World of Warcraft con moito sentido do humor, o que lle valeu unha nominación ós premios Emmy deste ano, nos que competirá cos Simpson, Bob Esponxa, Robot Chicken e Avatar.
Ata setembro non se coñecerán os resultados dos premios, pero dada a repercusión da candidatura dos debuxos de Trey Parker e Matt Stone poderiamos afirmar que xa hai uns claros favoritos.


Avance do episodio Make Love, Not Warcraft

PUBLICIDADE