Un engadido permite configurar o teclado de Mac OS X en galego

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Grazas ao engadido desenvolvido por Ross Barkman podemos ver a bandeira galega na elección do idioma do teclado en Mac OS X

Na actualidade tanto os sistemas operativos Windows XP, Windows Vista e Linux contan con interfaces de uso adaptadas ao galego (e multitude de programas na nosa fala) pero o Mac OS X está moi pechado lingüisticamente, polo que as pequenas achegas que se fan para galeguizar este tipo de escritorios informáticos son benvidas, e hoxe dende Vieiros dan conta dunha configuración de teclado en galego para Mac OS X elaborada por Ross Barkman, que pódese descargar comprimido en ZIP (onde se inclúen as instrucións de instalación da configuración creada por Barkman) de xeito que na barra de idioma do teclado aparte da bandeira española tamén podemos ver a bandeira galega ao elixir a entrada de texto en Galician ISO (configuración de entrada de texto copiada do español na que se substituíu a icona da bandeira).
Falta moito para ter un Mac OS X en galego, pero ver a bandeira galega na interface de usuario será de agradecer por parte de multitude de maqueiros do país.

PUBLICIDADE