Un documental inmersivo explora a reconstrución de Notre Dame

venres, 24 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

O pasado 15 de abril a catedral de Notre Dame de París padecía un incendio que causou numerosos estragos neste impresionante monumento do século XII, levando ao peche do edificio ao público e iniciando un traballoso proceso de reconstrución que vai poder coñecerse en profundidade grazas a un novo documental inmersivo de TARGO que pode verse dende cascos de realidade virtual de Oculus.
Rebuilding Notre Dame permite introducirse na catedral antes e despois do lume, para poder así comparar pasado e presente, conseguindo un efecto moi dramático. Pero non só iso, senón que o documental explica como está a traballarse na recuperación deste monumento icónico, para o que cóntase cos testemuños de Patrick Chauvet, arquipestre reitor de Notre Dame; do xeneral Jean-Louis Georgelin, responsable da restauración; da alcaldesa de París, Anne Hidalgo; e do presidente da Sociedade de Amigos de Notre Dame, Jean-Michel Leniaud.

Vídeo promocional do documental Rebuilding Notre Dame

PUBLICIDADE