Un catedrático noruegués denuncia a falta de seguridade da banca electrónica

xoves, 29 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Hole expondo os resultados do seu experimento

Durante 9 meses o equipo do catedrático da Universidade de Bergen (Noruega), Kjell Jørgen Hole, desenvolveron un experimento consistente na práctica de phishing, ou sexa, remitindo de xeito masivo correos electrónicos suplantando a entidades bancarias para roubar os datos dos seus usuarios para poder acceder posteriormente ás súas contas, demostrando que «a seguridade mediante autenticación é moi feble».
Hole informara á Oficina de Estandarización de Bancos (BSK) e ás entidade bancarias suplantadas da falta de seguridade durante o inicio da investigación desenvolvida dende o Centro de Investigación para Teoría de Códigos e Criptoloxía, polo que decidiu atacalas ante a falta de atención sobre o problema.
As entidades bancarias anunciaran que en marzo solucionaran os seus problemas de seguridade, o que non impediu ós investigadores realizar distintas demostracións ante expertos de seguridade para probar os fallos do sistema, e incluso un dos estudantes logrou sabotar as solucións de banca electrónica con só 100 horas de desenvolvemento.

PUBLICIDADE