Un blog gastronómico feito dende Teo amósase coma un exemplo de superación da fenda xeracional

venres, 23 de maio do 2008 Marcus Fernández

As dúas blogueiras teenses na aula de informática de A RamallosaEsther Fernández e Edita Cobas, de 82 e 61 anos respectivamente, dos dúas teenses que acoden á aula de informática de A Ramallosa para introducirse ao mundo da Internet, pero lonxe de permanecer pasivas á Rede decidiron montar o seu propio blog, dende o que publican receitas moi variadas, que van dende torta de queixo sen enfornar ou empanada galega de bacallau ata carne guisada con chocolate.
As dúas novas blogueiras contaron coa axuda da dinamizadora informática Marta Vázquez, que as instrúe sobre cómo tirar proveito da Internet e de distintos programas informáticos. Unha curiosa historia da que dan conta en La Voz de Galicia, e que supón todo un exemplo de superación da fenda xeracional como xa pasou coa aboa blogueira de Muxía.

PUBLICIDADE