Un ataque informático provoca problemas de conexión á Rede aos clientes de Orange

mércores, 3 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Dende o mediodía de hoxe numerosos usuarios do operador Orange experimentaron problemas no seu acceso á Internet, e finalmente a compañía recoñeceu que padeceron un ataque informático que afectou a parte dos seus clientes, asegurando que o servizo estaba practicamente restablecido e os datos dos clientes non se viron comprometidos.
O incidente provocaba principalmente problemas á hora de cargar páxinas web, e non afectaba por igual a todos os clientes, pero non era consecuencia dunha intromisión directa na infraestrutura da compañía, senón no secuestro da conta de Orange en RIPE, entidade que xestiona enderezos IP fundamentais para a infraestrutura de rede dos operadores, tendo reinvindicado tal ataque un cibercarracho que responde ao alcume de Snow.

PUBLICIDADE