Un alacantino modifica a páxina web de Movistar en protesta por non contar con ADSL
luns, 1 de agosto do 2011
- A páxina web de Movistar amosaba a mensaxe de protesta esta mesma mañá
Os defacements ou modificacións de páxinas
web aproveitando distintos fallos de seguridade son algo moi habitual, e que
normalmente queda no ámbito do vandalismo, pero un veciño de Elxe (que responde
ao nome de Juan RodrÃguez) sorprendeu ao lograr inxectar na páxina web de Movistar unha sección
chamada Súplicas de cobertura ADSL
na que critica a situación de incomunicación que teñen que padecer moitos
usuarios que non contan con liñas adaptadas convenientemente a conexións de
banda larga.
Concretamente o usuario indignado
asegura que pese a vivir a 6 quilómetros do casco urbano da terceira cidade
máis poboada ca Comunidade Valenciana, ten conexións que apenas 4 Kbytes/seg.
RodrÃguez culpa a Movistar de non actualizar a tecnoloxÃa da súa liña, de xeito
que leva xa 7 anos soportando un modem de 56 Kbps que nin sequera vai a pleno
rendemento, situación que o levou a protestar mediante un ataque XSS que
permitiu facer visible a súa protesta na propia web da operadora.