Un 82% dos españois bota man de dispositivos móbiles mentres conduce

xoves, 18 de agosto do 2016 Redacción

A compañía WTF, fabricante entre outras cousas de elementos para incrementar a seguridade nas estradas (por exemplo o WTF Smart Sticker, que nos permite empregar o GPS sen perder de vista o que temos diante do parabrisas), vén de emitir un estudo no que se reflicten, ademais outros asuntos, os principais hábitos de risco dos condutores españois cando circulan ao volante. Segundo se achega na investigación, un 82% dos enquisados asegura empregar dispositivos móbiles mentres conduce, termándoos da man mentres coa outra guían o automóbil.
Ademais o 60% dos participantes no informe afirmou terse feito autofotos cos seus trebellos (selfies) con moita frecuencia, e o 88% asegura ter consumido contido audiovisual, en marcha, coa súa tableta ou smartphone. Segundo explica a compañía responsábel da investigación (a firma española WTF), “os dispositivos intelixentes e tabletas, se ben facilitan moito o noso día a día en múltiples aspectos e facetas, poden ser fonte de risco por mor dun uso indebido dos mesmos durante a condución”.

PUBLICIDADE