Umlaut volve situar a rede móbil de Vodafone como a mellor de España

xoves, 24 de marzo do 2022 S. P.

A operadora Vodafone está de celebración. O motivo é que a súa rede móbil vén de ser recoñecida como a mellor do mercado español por sétimo ano consecutivo. Así se fai saber no informe independente Umlaut Mobile Benchmark España 2022 realizado pola consultora Umlaut. A operadora obtivo unha puntuación de 872 sobre 1000, acadando as melloras notas en rede de datos tanto en grandes como en pequenas cidades.
No estudo situouse a Vodafone como líder nas probas de datos en mobilidade (en desprazamento en vehículos) realizadas ao longo de 18 grandes cidades, destacando en taxa de éxito navegación web, en descarga de arquivos de 10 MB e en subida de arquivos de 5 MB. Amais, a empresa acadou as mellores taxas en cobertura con 5G nas grandes cidades españolas. Así mesmo, no test realizados a pé nesta contorna, a súa 5G alcanza a velocidade media máis alta con 342Mbps.
No test de datos en movemento realizados en 26 cidades pequenas, Vodafone liderou a táboa de empresas en taxa de éxito en navegación web, en descarga de arquivos de 10 MB e en velocidades de subida de datos en sete segundos, así como en descarga de contido en YouTube. Ademais, o estudo certifica que “a 5G de Vodafone en estradas proporciona as taxas máis altas en datos con medias de até 153,8 Mbps”.

PUBLICIDADE