SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Últimos días para presentar candidaturas ao II Premio INEO á mellor aplicación TIC 2011

mércores 14 de setembro do 2011, por Redacción | | Compartir | |

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) convoca unha nova edición do Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis Innovador. A Asociación Multisectorial TIC de Galicia patrocina por segundo ano consecutivo este galardón, que recoñece o labor das empresas tecnolóxicas galegas como dinamizadoras da Sociedade da Información e do Coñecemento.
O Premio INEO á Mellor Aplicación TIC 2011, de carácter honario, diríxese a aquelas empresas tecnolóxicas con domicilio social en Galicia que desenvolvesen unha idea ou proxecto de innovación para conseguir unha aplicación TIC singular e implantada este ano.
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o vindeiro 19 de setembro. O premio entregarase na XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o venres 21 de outubro no Grande Hotel da Toxa (Pontevedra).
Entre os factores valorados polo xurado do Premio INEO destacan a creatividade, o impulso á capacidade innovadora e a novidade que supón esta aplicación no desenvolvemento de produtos, procesos, sistemas ou negocios. Por outra parte, premiarase o labor realizado pola empresa gañadora para impulsar a relación entre os ámbitos científico, tecnolóxico e empresarial; fomentar o traballo en equipo e o crecemento integral das persoas e das empresas e contribuír ao desenvolvemento dun tecido económico con maior valor engadido que potencie, ademais, a creación de emprego de alta cualificación.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS