Ubuntu conta cun grupo galego de localización

luns, 31 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Para a tradución da distribución do sistema operativo GNU/Linux Ubuntu existen grupos locais, ou LoCo Teams, dos que xa existe unha agrupación galega coordinada por Felipe Gil Castiñeira, que fixo estes días un chamamento aos distintos grupos galegos de usuarios de Linux para promover esta nova formación que traballa na mellora de Ubuntu en Galicia.
A finalidade do equipo galego de localización de Ubuntu, busca divulgar este sistema operativo, apoiar a quen o utilice e contribuír a que inclúe marcas culturais galegas (idioma, símbolos, eventos…).

PUBLICIDADE