Uber adquire parte da tecnoloxÃa de mapas de Microsoft
martes, 30 de xuño do 2015
A ampliación das liñas de negocio de Uber fai que a súa
dependencia da tecnoloxÃa de mapas de Google puidese supor un perigo, polo que
levan meses explorando a compra doutras solucións, e finalmente dende TechCrunch
confirman que a compañÃa coñecida polos seus servizos de coches compartidos e
taxis terÃa
adquirido activos de Microsoft Bing, asà como preto dun cento de empregados da
compañÃa de Redmond para asà poder pór en marcha unha solución de mapas de
seu.
Microsoft e Uber non deron detalles sobre a operación, que a nivel económico
serÃa pouco relevante, sendo máis importante a transferencia tecnolóxica e de
talento, encaixando o último na actual polÃtica de reestruturación de
Microsoft, que está a vivir unha época de grandes cambios na que busca
centrarse nos seus puntos fortes, deixando lastre no camiño (entre os que están
a verse principalmente afectados os elementos arrastrados coa adquisición da
división móbil de Nokia).
Ao parecer, Uber terÃa adquirido unha grande colección de imaxes (aéreas,
tridimensionais e a vista de rúa) do servizo de mapas de Bing, que xunto cos
enxeñeiros contratados poderÃa supor unha próxima renovación dos seus servizos
para conseguir un funcionamento o máis independente posible de potenciais
competidores.