Twitter terá unha nova etiqueta para identificar as contas oficiais

mércores, 9 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Nos últimos días Elon Musk propuxo cambios no sistema de verificación de contas de usuario en Twitter, que basicamente consistían en que a marca de verificación correspondese a subscritores a Twitter Blue (subindo o prezo do servizo a 8 dólares/mes) e mantendo como marca de oficialidade ao lema que pode verse actualmente debaixo do nome de usuario dalgunhas contas gobernamentais e de políticos.
Pero a cousa non vai quedar aí, e agora detallan como será posible distinguir aos subscritores de Twitter Blue das contas de usuario verificadas como oficiais, no que podemos considerar como unha das solucións máis trapalleiras que podían maquinar: engadir o lema Official debaixo dos nomes de usuario das principais contas que actualmente locen o selo de verificado.
Detallan que non todas as contas que agora contan co check azul vaian recibir o selo de Official, senón que limitaranse a contas gobernamentais, de compañías comerciais, socios empresariais, medios de comunicación, editores e algunhas figuras públicas; e matizan que continuarán a explorar xeitos de diferenciar entre os distintos tipos de contas de usuario.

PUBLICIDADE