Twitter supera os 20.000 millóns de tuiteos

luns, 2 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A plataforma de microblogging Twitter chegou esta fin de semana á súa mensaxe número 20.000 millóns, que foi obra dun deseñador gráfico xaponés que recibiu milleiros de felicitacións de todo o mundo por ser o usuario agraciado con esta lotería, servindo tamén para ilustrar o peso que o Xapón está a tomar en Twitter, pois na actualidade ocupa preto do 12% dos tuiteos que se envían no mundo. Ao parecer, unha das razón polo que Twitter goza de máis éxito en Xapón é o feito de que os carácteres nipóns permiten expresarse en pouco espazo.
O crecemento de Twitter nos últimos meses está a ser bastante importante, e pese a ter uns 4 anos de vida, a metade das mensaxes publicadas nesta plataforma realizáronse en menos de 5 meses.

PUBLICIDADE