Twitter quere manterse como un espazo de libre expresión

mércores, 23 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que a cara máis visible de Twitter é a que se refire á plataforma social na que os usuarios comparten contidos, toda esta actividade pode resultar de grande interese ao tratarse de xeito masivo, para o que a compañía ofrece produtos de análise de datos e unha API pública, de xeito que desenvolvedores de todo o mundo poden crear ferramentas de utilidade, por exemplo, ante catástrofes naturais, pero dende Twitter quere deixar claro que aínda que apoian o uso dos seus datos para ó servizo público, non está permitido o manexo desta información para a vixilancia electrónica, ou sexa, que prohiben o uso da súa API ou dos produtos profesionais de Gnip para facer seguimentos de protestas e activistas, buscando que Twitter sexa un espazo de libre expresión.
Insisten en que non queren que autoridades gobernamentais poidan empregar os datos de Twitter para vixiar á súa poboación, e se algún desenvolvedor viola estes termos do seu servizo tomarán as medidas oportunas, como pode ser a súa suspensión e cancelación do acceso á API de Twitter e aos seus produtos de datos.

PUBLICIDADE