Twitter presenta un novo emprazamento publicitario

mércores, 10 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Continuando pola senda da busca de rendibilidade económica, en Twitter parecen ter claro que a súa meta está na captación de publicidade no móbil, e para facela máis eficaz e poder comercializala a prezos máis elevados, estrea un novo módulo publicitario nos EE.UU. que chaman First View e que consiste en que un chío patrocinado que inclúa un vídeo poida situarse a primeira vista cando un usuario abra a aplicación móbil de Twitter, conseguindo así unha visibilidade sen competencia.
First View sería o emprazamento publicitario máis valioso de Twitter, e aínda que o estea orientado á aplicación móbil, tamén sería visible en Twitter.com, gardando o primeiro espazo publicitario na cronoloxía do usuario a un vídeo patrocinado que durante 24 horas podería chegar a millóns de usuarios.
Polo momento este novo produto está a iniciar a súa explotación nos EE.UU. e nos vindeiros meses chegará ao resto do mundo. como xa fan as tendencias patrocinada ou os momentos patrocinados.

PUBLICIDADE