Twitter permite engadir imaxes e vídeo aos rechouchíos

luns, 6 de maio do 2019 Marcus Fernández

Cando agora facemos un rechouchío con comentario podemos engadir imaxes estáticas, GIF e vídeo.

Twitter está a introducir unha funcionalidade moi demandada nos rechouchíos, que permite que cando compartamos un chío a través das aplicacións móbiles de Twitter ou da súa versión web móbil, poidamos engadir ao rechouchío fotografías, imaxes animadas (GIF) e vídeos.
Esta novidade de Twitter está a espallarse actualmente, e resulta un importante cambio no xeito de interactuar cos contidos nesta plataforma, de aí que a súa incorporación tivese que realizarse con moito tino, xa que os usuarios teñen que entender que están a ver un rechouchío que, aparte de incrustar unha publicación, tamén inclúe un elemento multimedia, para o que optaron por xerarquizar os contidos dando prioridade aos do autor do novo chío, aínda que aseguran que continúan a explorar novos xeitos de facer máis interactivos e doados de interpretar os chíos enriquecidos con imaxes e vídeo.

Os rechouchíos con imaxes e vídeo supuxeron todo un reto ante a dificultade da súa comprensión por parte dos usuarios

PUBLICIDADE