Twitter padece a terceira caÃda dende o pasado venres
martes, 19 de xaneiro do 2016
Durante moito tempo os fallos en Twitter por saturación eran
algo habitual, aparecendo en pantalla unha mensaxe de erro cunha balea alcumada
fail whale, pero tras unha grande
reestruturación dos servidores a cousa parecÃa ter quedado no pasado, e nos
últimos estamos a ver con demasiada frecuencia ao robot que substituÃu á balea,
hai un lustro, e que era un descoñecido para moitos até agora.
Resulta que Twitter experimentou importantes caÃdas globais o pasado venres,
onte e hoxe, o que poderiamos considerar como unha caÃda ao dÃa (laboral),
segundo podemos ver no blog no que
recollen as incidencias, e en ningunha das tres incidencias deron detalles
do que acontecÃa, de xeito que tanto pode ser un problema de mantemento, unha
avarÃa ou un ataque, o que resulta un tanto preocupante, xa que ante
incidencias tan frecuentes cómpre certo nivel de transparencia.
Cando a fail whale era algo habitual
non tiña tanta importancia, xa que Twitter era un lugar de conversa, pero agora funciona en grande medida como unha canle
informativa, polo que as caÃdas teñen repercusións máis serias, de aà a
preocupación por este tipo de fallos do servizo, que pechan a interacción social
de medios de comunicación e dificultan que os usuarios gocen da información de
última hora á que esta plataforma os ten afeitos.
- Nos últimos dÃas rexistráronse 3 caÃdas globais de Twitter
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Twitter recoñece que os problemas de acceso foron consecuencia dun fallo de programación no código da súa plataforma.