Twitter engade filtros de imaxe ás súas aplicacións móbiles

luns, 10 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana causou certo rebumbio que Instagram desactivase a súa integración con Twitter de xeito que nas publicacións da plataforma creada por Mark Zuckerberg xa non se ven as imaxes captadas pola popular ferramenta fotográfica móbil, e finalmente temos a reacción de Twitter, que é a incorporación de filtros de imaxe nas aplicacións para Android e iPhone de Twitter grazas á colaboración de Aviary, compañía que achega os filtros e efectos.
Neste momento as aplicacións móbiles de Twitter inclúen 8 filtros de imaxe, opcións de recorte e un axuste automático de brillo e contraste para mellorar as nosas instantáneas con só premer sobre unha icona que presenta unha variña máxica.
Podemos ver o funcionamento desta nova posibilidade das aplicacións móbiles de Twitter no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE