Twitter advirte da publicación dun vídeo manipulado por parte de Trump

venres, 19 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Estamos ante a primeira ocasión na que Twitter etiqueta unha publicación de Trump como contido manipulado

O abuso do presidente dos EE.UU. das plataformas sociais inicia un novo capítulo despois da grande polémica con Twitter tras indicar que un chío de Trump era etiquetado como violento (o que reduce a súa visibilidade) por glorificar a violencia, e desta volta o republicano demostrou carecer de pudor ao publicar un vídeo no que dábase a entender que a CNN manipulaba a realidade, cando o vídeo que simulaba ter sido emitido pola CNN era unha ruda alteración que obrigou a que por primeira vez na historia Twitter tivese que etiquetar un chío de Trump como contido manipulado.
O vídeo publicado por Trump amosaba un fragmento dunha reportaxe da CNN na que podía verse a un par de cativos de distintas razas xogando, e na manipulación dábase a entender que a CNN editara o un anaco para dar a entender que un dos nenos fuxía do outro por ser racista. A CNN tivo que saír a dar conta do vídeo manipulado, forzando así a que Twitter tivese que estrear etiqueta na conta de Trump, aínda que esta situación duraría pouco, xa que finalmente o vídeo manipulado eliminouse de Twitter e tamén de Facebook tras unha reclamación de copyright por parte da compañía que xestiona os dereitos da gravación dos cativos xogando. Aseguran que Trump non solicitou permiso de ningún tipo para publicar o vídeo dos pequenos, polo que estaría infrinxido a propiedade intelectual dos autores do vídeo orixinal (aínda que o mero feito de empregar imaxes de menores sen o debido consentimento tamén podería ser todo un problema), de aí que as acusacións de censura do polémico político non terían sentido, xa que simplemente está a vulnerar tanto as normas do servizo (reiteradamente) e o copyright, e, de feito, está a beneficiarse de ser unha figura pública, xa que en caso contrario a súa conta de usuario tería diso eliminada das distintas plataformas sociais pola acumulación de faltas.

PUBLICIDADE