Twitch terá historias no móbil

luns, 10 de xullo do 2023 Marcus Fernández

O pasado sábado celebrouse a TwitchCon Paris, o terceiro encontro de Twitch organizado en Europa, ao que acudiron numerosos streamers para participar en distintas actividades e no que tivo lugar unha presentación na que deron a coñecer novidades que están a preparar para a plataforma de streaming, e que verán a luz nos vindeiros meses.
Unha das funcións de Twitch que mellorarán substancialmente é o Editor de Clips, que entre outras cousas a partir de finais de agosto permitirá exportar vídeos directamente a TikTok e facer uso do editor no móbil; tamén será posible que a partir de agosto os creadores poderán destacar os clips que consideren oportuno; no outono tamén verá a luz un Discovery Feed, ou sexa, nunha relación de clips que poden verse na aplicación de Twitch e que facilita a descuberta de novas canles; a aplicación móbil de Twitch tamén se suma á moda das historias, facilitando así novos xeitos para que os creadores interactúen coa súa comunidade, eu que estará dispoñible a partir de outubro; en agosto iniciarán o despregamento dunha funcionalidade que permitirá que os convidados estrela dun directo tamén poidan retransmitir o vídeo en paralelo, permitindo que até 5 streamers poidan unir forzas; e incluso engadirán unha conta atrás para avisar aos creadores cando vai aparecer un anuncio no seu directo (para actuar en consecuencia ou poder adialo no caso de interromper algo importante).

PUBLICIDADE