Turismo lanza un newsletter con novas de interese para o sector
luns 8 de febreiro do 2010, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
Os boletÃns informativos son publicacións electrónicas que, de facerse ben
e de distribuirse de forma regular, soen ser de grande utilidade para os
suscriptores, ao proporcionar de xeito eficaz información moi concreta sobre un
tema de especial relevancia e interese para eles.
As persoas responsables da área de comunicación da ConsellarÃa de Cultura e
Turismo, sabedoras das vantaxes deste sistema á hora de chegar ao seu público
obxectivo, veñen de por en marcha un newsletter
propio no que dar conta das novidades que se van dando en torno ao sector turÃstico
do noso paÃs.
Trátase dunha publicación electrónica que, a través da SecretarÃa Xeral
para o Turismo, achegaralle a todas as asociacións e entidades do sector, todo
tipo de información práctica sobre os proxectos, campañas, ordes de axudas e
demais actividades de interese realizados por e dende esta entidade pública.
Entre as novas que destacan neste primeiro boletÃn informativo figura a
información relativa á modificación Lei de Turismo, asà como da posta en marcha
de cursos de idiomas de inglés, francés e alemán a nivel básico para profesionais
do turismo e da hostelerÃa, que se desenvolverán a partir deste mes de febreiro
nas Escolas de Idiomas de Galicia e centros asociados. Os cursos están financiados
pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da SecretarÃa Xeral para o
Turismo, mediante un convenio coa Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa da ConsellerÃa de Educación e Ordenación
Universitaria. Trátase de que os profesionais do sector poidan aplicar eses
coñecementos lingüÃsticos ao seu campo profesional e gañar deste xeito unha
maior competitividade.
No boletÃn electrónico, tamén se da conta do que supuxo a presenza de
Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur, a onde se achegaron
máis de 60.000 persoas e cuxo portal
web recibiu a visita de preto de 100.000 internautas.
A posibilidade de contar cunha ferramenta de comunicación útil e práctica
como é un boletÃn informativo electrónico, permanentemente actualizable,
permitirá que sector privado e Administración estean en permanente contacto, e
aproveiten ao máximo a información de ámbito turÃstico que manexan
habitualmente.










