Turgalicia renova a súa páxina web co gallo do Día Mundial do Turismo

xoves, 27 de setembro do 2012 Redacción

Alfonso Rueda e Carmen Pita presidiron o evento non que se anunciou a nova páxina web de Turgalicia

Esta mañá o Auditorio da Cidade da Cultura acubillou un acto conmemorativo co gallo do Día Mundial do Turismo, participando no mesmo o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a xerente de Turgalicia, Carmen Pita. Rueda aproveitou a ocasión para dar a coñecer a renovación da páxina web de Turgalicia, que sitúase na vangarda das tecnoloxías aplicadas á promoción turística con máis de 36.351 recursos turísticos recollidos que a converten na web de referencia a nivel turístico da nosa comunidade autónoma, recibindo o ano pasado 2 millóns de visitas.
O novo buscador de recursos turísticos ten a capacidade de facer cruces de información e a nova web conten seccións destinadas exclusivamente ao sector profesional. Este espazo segue a estratexia da Marca Turística Galicia, gárdasme o segredo? e desenvolve un sistema de xestión do destino orientado: a crear e manter un inventario de recursos turísticos de Galicia, crear un sistema de colaboración; aproveitar as tecnoloxías asociadas ás canles sociais e facilitar o acceso ás aplicacións; facilitar a comercialización mantendo un motor de reservas destinado a comercializar o turismo rural de Galicia; desenvolver e aproveitar ao máximo as posibilidades do Contact Center Social Media.
Cómpre destacar que trece mil dos recursos que figuran na nova páxina web están xeo posicionados. Este recurso en liña contextualiza a información, busca no radio do recurso seleccionado, permite ao usuario deseñar o seu propio Caderno de Viaxe, comercializa e publicita directamente paquetes turístico e pódese visitar dende diferentes dispositivos.

Portada da nova páxina web de Turgalicia

PUBLICIDADE