Tuenti xa ten a súa interface traducida ao galego

xoves, 3 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Dende hoxe os usuarios da plataforma de redes sociais española Tuenti poden acceder ao servizo dende calquera das linguas oficiais do Estado, de xeito que aparte de en español e inglés, tamén pode configurarse o sistema para que amose os seus textos en catalán, éuscaro ou galego.
Dende Tuenti aseguran que van dar soporte nestas linguas, de xeito que ao comunicar con eles en galego responderán na mesma fala, o que supón un importante avance que deberían imitar moitos outros servizos web, que tenden a obviar a pluralidade lingüística española.

PUBLICIDADE