Tuenti supera os 10 millóns de usuarios activos

luns, 21 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos meses Tuenti viviu moitos cambios, partindo de ser unha plataforma social empregada maioritariamente polos mozos españois a abrirse a todo o mundo e especialmente, medrar no móbil, tanto en uso dos seus usuarios como desenvolvendo un Operador Móbil Virtual (OMV) con prezos moi atractivos para a mocidade. Como símbolo desta evolución veñen de dar conta de que segundo ComsCore Tuenti superou a media de 10 millóns de usuarios activos ao mes.

Tuenti está a ultimar a súa aplicación para Windows Phone

Dende Tuenti aseguran que no último trimestre superaron os 15 millóns de usuarios rexistrados e o uso de Tuenti vía móbil ten xa 6 millóns de usuarios únicos ao mes (dos que 1,4 millóns acceden a través da versión web de Tuenti), de aí que a compañía estea a destinar moitos esforzos a mellorar no ámbito móbil, cunha remodelación da súa web e con novas aplicacións móbiles (en breve chegará a Windows Phone).

PUBLICIDADE