Trisquel GNU/Linux presenta a súa versión para centros educativos

martes, 16 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Esta tarde a Aula Magna do Mosteiro de San Martín Pinario (Santiago de Compostela) acolleu o acto de presentación da nova versión do sistema operativo Trisquel GNU/Linux orientada a centros educativos, na que repartíronse copias do programa á vez que se fixo un chamamento de axuda á comunidade docente, para colaborar na inclusión de paquetes de software libre de carácter educativo.

Imaxe do escritorio de Trisquel Edu

O Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo libre, en galego, español, catalán, éuscaro e inglés, que conta con edicións para fogar, PEME e escola, sendo esta última á que se lle dá máis importancia desta volta, e da que xa se publicou cunha release candidate o pasado mes de setembro. Trisquel Edu inclúe todo o preciso para montar aulas para alumnos de calquera idade e ten ferramentas específicas para a xestión de usuarios, control de aula, encerado dixital, clientes lixeiros e outras aplicacións que fan doada a súa administración e permiten mellorar a produtividade dos docentes.
Tal é o coidado co que se desenvolve esta distribución de Linux, que aparece na listaxe de distribucións recomendadas por GNU/FSF (xunto con só outras 6).

PUBLICIDADE