Training Channel achégalle cursos de balde aos socios de Ineo

luns, 7 de febreiro do 2011 Fernando Sarasketa

Training Channel vén de informar da posta en marcha dunha serie de actividades formativas de balde para os profesionais que forman parte da asociación Ineo (na que tamén está integrada Training Channel). Segundo conta a empresa galega, trátase polo de agora de dúas iniciativas de formación tecnolóxico-dixital, financiadas polo Plan Avanza do Ministerio de Industria. Un dos ciclos está dirixido a formar nos mellores métodos de xestión da innovación e outro cara a certificacións sobre estes métodos.
Por certo que xa se poden descargar os formularios específicos de inscrición, nos que xa se inclúen os detalles das actividades e máis as instrucións para formalizar a matrícula.
Sobre Training Channel, dicir que a súa actividade céntrase sobre todo na formación: unha formación innovadora no fondo (ensinanza en ofimática ou no emprego de todo tipo de programas e ferramentas) e máis na forma (a través de canles temáticas en liña ao xeito dunha televisión interactiva, permitindo un completo diálogo entre alumnos e profesores e con independencia das distancias que existan entre eles).

PUBLICIDADE