Toshiba AT300 chega como un tablet de alta gama con Android 4.0 e prezo moderado
xoves, 24 de maio do 2012
AÃnda que cada vez chegan ao mercado máis tablets con
Android a prezos económicos, normalmente chegan en tamaños de pantalla de entre
7 e 9,7 polgadas e con prestacións bastante limitadas, mentres que os de alta
gama continúan nuns prezos elevados, que paulatinamente van rebaixándose, como
acontecerá co Toshiba
AT300, que veñen de anunciar que chegará en versións con 16 e 32 Gb de
almacenamento interno por prezos de 329 e 379 libras esterlinas respectivamente
(410,66 e 473,07 euros), o que non está nada mal para un tablet con tecnoloxÃa
nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de RAM , pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280
x 800 pÃxeles, cámaras de 5 e 2 MpÃxeles, un grosor de 8,95 milÃmetros e un
peso de 590 gramos.
Este tablet ten potencia dabondo para correr xogos con gráficos tridimensionais
esixentes, reproduce de xeito fluÃdo vÃdeo en alta definición, conta cun
procesador adicional ao nVIDIA Tegra 3 de catro núcleos para poder manexar as
tarefas máis básicas mantendo unha autonomÃa de ata 10 horas, goza dunha
resistente pantalla con Corning Gorilla Glass, Wi-Fi N, lector de tarxetas SD
de ata 64 Gb, micro USB, saÃda micro HDMI, altofalantes estéreo e, como resulta
evidente para un tablet actual, Android 4.0. Chegará ás tendas antes de
finalizar o mes de xuño.
- O Toshiba AT300 ten unha carcasa de aluminio e pantalla Corning Gorilla Glass