Toman medidas contra unha nova fraude en Facebook

mércores, 14 de decembro do 2011 Marcus Fernández

A fraude en Facebook baséase en falsas mensaxes no taboleiro dos usuarios

FACUA-Consumidores en Acción iniciou actuacións na defensa dos afectados por un virus de Facebook, que espallouse nos pasados días entre os taboleiros dos usuarios desta plataforma como se fose unha mensaxe dun amigo no que utilizando como reclamo a pregunta “sabes que saes nun vídeo?” ínstase a visitar unha ligazón que como finalidade última busca a alta de usuarios nun servizo de SMS Premium (que cobra por cada mensaxe recibida do mesmo).
FACUA pediu ás autoridades de Consumo, Telecomunicacións e Protección de Datos que investiguen esta fraude masiva e depuren responsabilidades; tamén contactouse coa empresa responsable do servizo de mensaxes de texto, Froggie Mobile Marketing (do grupo Crazy4Media), que comprometeuse a establecer un protocolo para canalizar as reclamacións dos afectados que soliciten a devolución dos cartos captados mediante esta fraude. Dende Froggie tamén aseguran ter paralizado a polémica campaña onte, asegurando descoñecer anteriormente a súa promoción a través de Facebook e adiantando que van tomar medidas legais polos danos á imaxe da súa empresa que causou esta fraude.
Este timo actuaría dun xeito semellante a un virus informático, pois cando unha persoa fai clic sobre unha das mensaxes fraudulentas no seu taboleiro vai parar a unha páxina que simula estar dentro de Facebook, na que se solicita a instalación dun suposto engadido chamado ón dun falso engadido chamado Youtube Premium para ver o vídeo no que supostamente sairía o usuario (acción que autoriza a unha aplicación de Facebook para replicar a mensaxe orixinal nos taboleiros dos seus amigos) e finalmente solicitar o número de teléfono coa desculpa dunha verificación de idade, cando na práctica trátase dun proceso de alta nun servizo de subscrición de pagamento baseado en mensaxes de texto para móbiles.

PUBLICIDADE