Todo o que precisamos saber sobre o Kit Dixital para a nosa web, nunha xornada da Cámara de Santiago
venres, 13 de outubro do 2023
A
Cámara de Comercio de Santiago vai achegar ás pemes e persoas
autónomas da súa contorna unha actividade formativa centrada en
como incrementar a competitividade e a rendibilidade a través das
novas ferramentas. O
seminario en liña Como usar a túa páxina web para incrementar
as vendas da túa tenda fÃsica co Kit Dixital? organizarase
o xoves 19 de outubro en horario de mañá, de 10.00 a 11.15 horas. A
actividade incluirá a presentación do Kit Dixital, o programa do
Goberno (Red.es) para facer avanzar a transformación tecnolóxica
das empresas.
Os
contidos da xornada son os seguintes: cousas que ter en conta para o
noso posicionamento; mapas de calor da web, onde mira e fai clic o
noso usuario; que contido debe levar unha web; e estratexias para que
a nosa páxina nos axude a vender.
O
relator será Fernando RodrÃguez de la Torre, director da axencia de
publicidade Con C de Comunicación, profesor no Máster de Marketing
Digital da USC e director de Briefinggalego.com,
portal de referencia do sector da mercadotecnia e a publicidade en
Galicia.
Esta
xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME para o Kit
Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Kit
Dixital é un Programa do Gobierno de España, xestionado por Red.es,
entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital a través da SecretarÃa de Estado de
Dixitalización e Intelixencia artificial. O Programa Kit Dixital
está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado
polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos
europeos Next Generation EU. O seu obxectivo é dixitalizar a
pequenas empresas, microempresas e autónomos de todos os sectores en
todo o territorio nacional.