Tiran proveito das redes sociais para sensibilizar sobre a síndrome de Down

xoves, 29 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Estudantes de Xornalismo contribuíron á potenciación da páxina de Facebook de Down Compostela

A Asociación Down Compostela presentou hoxe o seu calendario solidario, do que editaron unha tiraxe de 2.000 exemplares que venderanse a 5 euros e busca amosar a normalidade das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, obxectivo compartido cunha nova campaña de sensibilización que lanzaron a través de redes sociais (fundamentalmente en Facebook) grazas á colaboración de 9 alumnos de Xornalismo da USC representados no acto de presentación por Bianca Ruano, quen destacou que “Facebook é hoxe en día o lugar de encontro de moitas persoas, e por iso a Fundación Down Compostela quixo iniciar a súa acción dende esta plataforma”, ao que engadiu que “o obxectivo principal desta campaña é conseguir que, a través do incremento de seareiros na páxina de Facebook da Fundación, obter a maior visibilidade posible dos contidos concienciadores dentro do ámbito do público obxectivo da campaña: o estudando da USC. Para isto, realizouse unha acción centrada na gravación de tres traballos audiovisuais cos que se conseguiu unha notable sensibilización, algo que se puido ver grazas ao incremento dos seguidores na páxina oficial de Down Compostela”.
Os vídeos elaborados polos estudantes de Xornalismo están dispoñibles na canle de Down Compostela en YouTube, desenvolvidos na liña do que publicamos a continuación:

A Asociación publicou un calendario solidario que presentouse oficialmente hoxe en Compostela

PUBLICIDADE