TikTok presenta as publicacións de texto

luns, 24 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Aínda que TikTok sexa o máximo expoñente do vídeo vertical na actualidade, esta plataforma considerou que non era dabondo este formato e está a presentar un novo xeito de crear contido na plataforma: as publicacións de texto.
Este novo formato pretende dar máis posibilidades aos creadores para publicar contidos como historias, poemas, receitas ou calquera outro contido escrito, facilitando un novo xeito de expresarse, sen precisar que o usuario teña que crear un vídeo incluíndo tal texto.
Deste xeito, cando agora queremos crear unha publicación en TikTok podemos elixir entre fotografía, vídeo ou texto, contando o novo formato coas posibilidades típicas de TikTok, como son incluír a localización, engadir son, activar os comentarios ou permitir Dúos. Nas novas publicacións de texto tamén é posible incluír adhesivos, elixir cores de fondo e empregar etiquetas.

PUBLICIDADE