TikTok abre unha plataforma de efectos

mércores, 13 de abril do 2022 Marcus Fernández

Os efectos creativos teñen un importante impacto nas plataformas sociais móbiles, e conscientes diso dende TikTok queren potenciar tal elemento creando Effect House, unha plataforma que permite a calquera construír efectos para a comunidade de TikTok.
Esta ferramenta iniciou a súa beta pechada en agosto e agora ábrese a creadores, deseñadores e desenvolvedores de todo o mundo, que poderán imaxinar novas fronteiras para o universo de efectos de TikTok.
Actualmente a Effect House conta con efectos de máis de 450 creadores que contribuíron á creación de máis de 1.500 millóns de vídeos que conseguiron máis de 600.000 millóns de visualizacións en todo o mundo.
Cómpre salientar que os efectos enviados polos creadores non se publicarán de xeito automático, senón que terán que ser verificados antes, para comprobar que respectan as políticas da plataforma. Os usuarios tamén poderán denunciar os efectos que consideren que non respectan as normas de TikTok.

PUBLICIDADE