Threads non chegará de inicio a Europa

mércores, 5 de xullo do 2023 Marcus Fernández

O lanzamento de Threads, a alternativa a Twitter que chega da man de Instagram, está programada para este xoves, téndose xa detectado que unha serie de contas está a acceder á plataforma de xeito preliminar, coa intención de que no momento no que se abran as portas ao público xeral xa haxa algún contidos.
Temos así que responsables de Meta como Mark Zuckerberg ou Adam Mosseri, creadores de contido e influentes como Marques Brownlee ou Guy Kawasaki, e compañías como Netflix teñan xa un perfil activo en Threads visible vía web, aínda que para poder interactuar coas publicacións instan aos usuarios a descargar a aplicación nos seus dispositivos móbiles.
Pero dende España imos tardar en saber se realmente esta proposta de Meta será quen de substituír a Twitter, xa que aseguran que aínda que esta semana Threads vexa a luz en EE.UU. e Reino Unido, o lanzamento europeo realizaríase máis adiante segundo un voceiro da Comisión de Protección de Datos (DPC) de Irlanda.
Dado que Threads nace captando datos de Instagram a súa chegada a Europa pode ser problemática, xa que actualmente Meta non pode mesturar os datos dos usuarios de Facebook e WhatsApp, e posiblemente Threads teña que adoptar medidas semellantes para garantir a protección de datos dos usuarios europeos.

PUBLICIDADE