The Printed Blog, o semanario feito con contidos extraÃdos de blogs
xoves, 29 de xaneiro do 2009
Nun momento no
que as cabeceiras de prensa ven reducidas as súas vendas e teñen que acometer
recortes no seu cadro de persoal chega a Chicago e San Francisco unha nova
publicación, The Printed Blog, que vai contracorrente
ao estar composta por contidos nacidos na blogosfera e que se distribuirá
semanalmente.
A
nova publicación contará cunha tiraxe de 2.600 copias, será de
balde, e repartirase por correo e en varios puntos do centro das cidades
mencionadas con anterioridade. Amais, non fai uso de grandes imprentas para
trasladarse ao papel, senón que son os propios distribuidores os que imprimen o
xornal para logo repartilo.
Esta iniciativa está a captar moita atención dende todo o mundo, polo que é de
agardar un éxito inicial, aÃnda que conceptualmente pareza un erro absoluto, xa
que os textos realmente escritos para a Internet non deberÃan poder trasladarse
de xeito doado ao papel, pois se perderÃan as ligazóns e a interacción con
lector, detalles que The Printed Blog
deberá afrontar dalgún xeito convincente.