The New York Times denuncia que ChatGPT roubou os seus contidos
mércores, 27 de decembro do 2023
A preocupación
dos medios tradicionais pola apropiación indebida dos seus contidos a través da
Internet leva creando conflitos durante moitos anos, e aÃnda que normalmente
eran os motores de busca os que provocaban a polémica, agora son as tecnoloxÃas
de intelixencia artificial as que levaron a que The
New York Times denunciase a OpenAI e a Microsoft por infracción do copyright.
O reputado xornal presentou
unha denuncia na que asegura que OpenAI empregou os seus contidos para
adestrar a intelixencia artificial detrás de ChatGPT, empregando sen permiso
millóns de artigos publicados polo medio para adestrarse e asà agora poder
competir dos medios de comunicación tradicionais como fonte fiable de
información.
The New York Times sostén que o dano infrinxido por ChatGPT poderÃa ascender a
milleiros de millóns de dólares, xa que a creación da información recollida no
xornal supuxo un investimento moi elevado que agora non se ve compensado, especialmente
dende que ChatGPT e o Chat de Bing ofrecen respostas aos usuarios sen levalos á
fonte informativa, ou sexa, que actúan como rivais directos.
Cómpre salientar que un dos puntos clave da demanda é que entre os datos que
facilita a tecnoloxÃa de OpenAI figuran informacións que só estaban dispoñibles
para os subscritores de The New York Times, ou sexa, que os asistentes baseados
en IA estarÃan a facilitar a achegar información de pagamento sen compensar aos
seus creadores.
A cabeceira estadounidense tamén denuncia que as alucinacións que padece a
intelixencia artificial en ocasións atribúelles información falsa, o que tamén
prexudica á súa imaxe.