The Interview factura 31 millóns de dólares en liña

mércores, 7 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

A curiosa estrea do filme The Interview arroxaba resultados moi dispares, de xeito que mentres nas salas cinematográfica recadaba apenas 2,8 millóns de dólares, a través da Rede chega aos 15 millóns, converténdose nun éxito en liña sen precedentes, e segundo pasan os días o contrates acentúase, e temos nas salas tradicionais acumulou uns ingresos de 5 millóns de dólares, mentres que na Rede conseguiu recadar 31 millóns de dólares, o que aínda non compensaría os 44 millóns que custou a produción, aínda que cómpre destacar que aínda non se sabe como será a distribución desta peza fóra de América do Norte, que podería ser un factor fundamental para recuperar o investimento realizado, frustrando as intencións de Corea do Norte.
Aínda que nos primeiros días a película só podía verse en liña a través da súa páxina web oficial, YouTube e Google Play e Xbox Video, pouco a pouco foi incorporando plataformas como iTunes, Amazon Instant Video e Vudu, facendo relativamente doado poder ver The Interview dende EE.UU. e Canadá.

PUBLICIDADE