The Humble Indie Bundle supera os 2 millóns de dólares
luns, 26 de decembro do 2011
Este martes pola noite remata a 4ª edición de The Humble Indie Bundle, unha iniciativa solidaria que convida
a usuarios de PC e Mac a mercar 5 xogos independentes, que nesta ocasión son Super Meat Boy, Jamestown, Bit.Trip Runner,
Shank e NightSkyt HD, ao prezo que se desexe, repartindo os cantos na
proporción que desexemos entre a organización, os desenvolvedores e a caridade
(Child’s Play Charity e a Cruz Vermella), regalando 2 xogos adicionais (Cave Story+ e Gratuitous
Space Battles e os tÃtulos da
terceira edición da iniciativa) a quen pague máis do prezo medio (5,36 dólares
neste momento). Cómpre destacar que os xogos incluÃdos na promoción, de
adquirirse de xeito independente, terÃan un custo total duns 165 dólares, polo
que o seu atractivo é dobre: bo prezo e solidariedade.
- Quen pague máis do prezo medio polo The Humble Indie Bundle poderá facerse tamén co excelente Cave Story+
Este tipo de campañas parecen gozar de boa aceptación, e asà veñen
de superar os 2 millóns de dólares recadados, destacándose que os usuarios
de Linux parecen ser os máis xenerosos (pagan 10,41 dólares de media polo bundle), seguidos polos de Mac (7,57
dólares), mentres que os usuarios de Windows só pagan 4,77 dólares por termo
medio (aÃnda que tamén supoñen a meirande parte das compras).
Os pagamentos poden realizarse a través de PayPal, Google Checkout e Amazon
Payments, polo que a seguridade e as opcións para pasar por caixa non deberÃan
de ser a desculpa para apoiar este iniciativa solidaria baseada en divertidos
xogos independentes.
VÃdeo promocional do The Humble Indie Bundle