Tex45 sube á Rede a historia dos grandes naufraxios e tesouros somerxidos da nosa costa

venres, 9 de setembro do 2022 S. P.

A produtora galega Tex45, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, envorcou estes días na Rede un documental que nos desvela os segredos que agocha o noso litoral, escenario de históricos naufraxios. Trátase de Tesouros somerxidos, iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e visíbel a través de Youtube ou do Portal da Lingua.
En concreto, Tesouros somerxidos é un documental que nos descobre os tesouros arqueolóxicos das profundidades da Costa da Morte. A bordo do Eureka, visítanse distintos puntos marcados nun mapa mariñeiro, entre Fisterra e Corrubedo, para descubrir o que agochan. Expertos en historia narran a peripecia dos barcos afundidos nesta costa, que se ilustran con imaxes dos pecios, mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos e fotografías do arquivo histórico. O proxecto pon en valor ademais o vocabulario mariñeiro.

Vídeo de Tesouros Somerxidos

PUBLICIDADE