Terra Soft lanzará unha distribución de Linux para a PS3

xoves, 19 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A PlayStation 3 non será só a consola de videoxogos de nova xeración con máis potencia gráfica, senón que tamén se poderá converter nun completo ordenador grazas ó seu soporte para o sistema operativo Linux, de xeito que Terra Soft terá unha versión do Yellow Dog Linux v5.0 para a PS3.
O sistema operativo de Terra Soft está baseado en Fedora Core 5 integrando a nova xeración do escritorio E17 que da un nivel sen precedentes en funcionalidades e estética, que a converte nunha das distribucións máis avanzadas ata o momento.
O Linux para PS3 incluirá unha aplicacións coma o OpenOffice 2.0.2, o FireFox 1.5.0, o Thunderbird 1.5.0, o Nautilus 2.14 e unha serie de aplicacións multimedia e de rede que permitirán un uso da consola de Sony coma se fose un ordenador persoal, tanto para funcións multimedia, coma ofimáticas ou de navegación a través da Rede.
A nova distribución de Linux instalarase de xeito doado na consola de videoxogos, e poderá personalizarse intuitivamente, incluíndo centos de paquetes que consolidan unha distribución moi completa que agradecerán os usuarios que queiran sacar un maior proveito a un dispositivo que nun principio parecía destinado só ó lecer electrónico.

PUBLICIDADE