Televés expresa o seu pesar polo falecemento de Manuel Parajuá

luns, 20 de marzo do 2017 Redacción

A compañía compostelá Televés vén de emitir un comunicado no seu que amosa o seu fondo pesar polo falecemento de Manuel Parajuá López, falecido o pasado 13 de marzo en Santiago aos 73 anos. Parajuá, segundo lembra a empresa de equipamento e servizos de telecomunicacións, adicou á firma santiaguesa toda a súa vida profesional, dende a súa incorporación en 1968 como mozo axudante de Telecomunicacións, até a súa xubilación en 2010 como director comercial. Segundo recorda Televés, durante a súa estadía na empresa, viviu “algúns dos fitos máis importantes da historia da compañía”.
Foron salientábeis, tamén, a súa profesionalidade e, segundo reflicte a empresa no seu comunicado, “a súa excelente disposición para estar sempre á beira do cliente, departamento ou compañeiro”.
Televés tamén reflicte que a mostras de pesar non só chegan dende o seo da propia firma, senón tamén dende alén dela, onde tamén era moi querido. Proba disto foron as innumerábeis homenaxes e felicitacións que lle foron chegadas con motivo da súa xubilación en 2010 por parte de clientes, instaladores, asociacións, federacións e mesmo empresas da competencia.

PUBLICIDADE