Telefónica xestionou o lanzamento de nove destinos turísticos smart, incluído o de Ourense

xoves, 5 de xaneiro do 2023 S. P.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora de Telefónica en Galicia e Asturias, Paula Beirán

Telefónica fixo revisión do ano que deixamos atrás en materia de transformación de destinos, un ano que destacou, nas súas palabras, por ser o mellor en canto a implantación de proxectos turísticos intelixentes en España, unha das vertentes principais do concepto de Cidades Intelixentes. Así, durante o ano pasado xestionou a posta en marcha de nove municipios e deputacións como Destinos Turísticos Intelixentes (DTI) a través de dez proxectos nos concellos de Alcalá de Henares, Arona, Benidorm, Bilbao, Calvià, Puerto de la Cruz e as deputacións de Badaxoz, Cádiz e Ourense (Deputación), moitos deles a través do financiamento de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE, canalizados a través de Red.es. Estas despregaduras, por valor de 16,6 millóns de euros, únense aos máis de 60 casos de Smart Cities & Smart Destination que xa existen en municipios, deputacións, illas e cabidos españois.
As grandes estrelas tecnolóxicas destes proxectos foron (entre outras) a 5G ou a Internet das cousas de banda estreita (NB-IoT), que facilitan a sensórica do territorio en ámbitos como o das principais infraestruturas da cidade, a rede de transporte, os edificios e as persoas. A operadora explica que estes fornecementos teñen vantaxes para a mobilidade (con máis de 100.000 vehículos conectados nunha década por Telefónica, para a seguridade cidadá, para a sustentabilidade e para os servizos básicos como a xestión da auga ou dos residuos, entre outros.
Na estratexia smart, Telefónica tamén destaca a plataforma de desenvolvemento propio Thinking City, que “se converteu nun estándar dentro do sector turístico”, explica a operadora, engadindo que está baseada en compoñentes de software libre e que habilita de forma segura proxectos de analítica avanzada de datos e análises preditivo. Ademais, a través dun cadro de mando integral e da sensórica da cidade, permite medir todo o que ocorre na urbe, tomando decisións baseadas na información obtida.
O proxecto da Deputación de Ourense
O proxecto Hai un Ourense para ti. Descúbreo ten un orzamento de 2.989.022,34€, 40% achegado pola Deputación de Ourense e 60% por parte de Red.es e está co-financiado por FEDER a través do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).
A iniciativa ten como obxectivo a creación dunha plataforma integrada de turismo intelixente que permita ao turista acceder á información de interese dos principais recursos turísticos da provincia (Ourense ao teu alcance), ofrecerlle servizos personalizados (Sente Ourense) e experiencias inmersivas (Ourense guíate).
Entre as iniciativas previstas destaca a implantación dunha plataforma integradora dos recursos.

PUBLICIDADE